Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Costa da Mar
“O proxecto “SON DE MAR E PEIXE” é un proxecto levado a cabo pola empresaria Belén Lema Marcote que foi apoiado con unha importante axuda económica pola Unión Europea e a Consellería do Mar a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e que alcanzou os seus obxectivos previstos de poñer en marcha un novo e innovador restaurante de dous garfos no municipio de Muxía (A Coruña) fomentando a contratación de mulleres nunha actividade que defende, colabora e consolida ó mantemento e proxección das actividades marítimo pesqueiras na Costa da Morte. É de destacar que este proxecto axuda a consolidar o mantemento e establecemento de varias familias nas vilas costeiras da Costa da Morte ó ter importantes implicacións en un variado conxunto de actividades vinculadas co restaurante. Polo tanto incrementamos o emprego e a cohesión territorial. Así mesmo tamén apostamos polas novas tecnoloxías e implantamos ó último en programas de xestión e equipos informáticos así como unha importante presencia na internet e nas diferentes redes sociais.”